xoves, 8 de xuño de 2017

PONTE VERÁN - PROGRAMA DE LECER E TEMPO LIBRE PARA O VERÁN

Na web da Concellaría de Xuventude de Pontevedra se poden consultar as actividades organizadas en Pontevedra para este verán 2017.

A  continuación enumeramos algunhas das que atoparedes na web que se indica ó final:

  • Campamentos e obradoiros CAMPAMENTOS DE TEMPO LIBRE “EQUAL” 5-12 xullo. 1º grupo (10-12 anos) 2º grupo (13-15 anos)
  • Obradoiro de “IGUALDADE E PUBLICIDADE NON SEXISTA” (8-12 anos) 3 -7 xullo
  • Obradoiro “DIVERSIDADE-ON: SER DIFERENTE É NORMAL” (8-12 anos) 10-14 xullo
  • Obradoiro “NATURALIZARTE” (8-12 anos) 17-21 xullo
  • AULA DE NATUREZA E INTERPRETACIÓN (8-12 anos) 3 quendas: (3-17 xullo) (18 xullo-1 agosto) (2-16 agosto)
  • Actividades culturais, deportivas e no medio natural ESTADÍA NO MEDIO NATURAL: COSTA DA MORTE (18-35 anos) (14-16 xullo)
  • RUTAS EN KAIAK (16-35 anos) (30 xullo e 6 agosto)
  • CELEBRACIÓN DA NOITE EUROPEA DOS MORCEGOS (todas as idades) (26 agosto)
  • ORIENTACIÓN NOCTURNA NA ILLA DAS ESCULTURAS E ILLA DO COVO ( +6 anos) (26 agosto)
  • Actividades formativas CURSOS DE INICIACIÓN AO PIRAGÜISMO EN PONTE SAMPAIO (9-15 anos) (3-14 xullo) (17-28 xullo) (31 xullo-11 agosto) (14-25 agosto)
  • FOTORROTEIROS (12-35) (8,9, 15 e 16 xullo)
  • OBRADOIRO DE COCIÑA SAUDABLE E VEXETARIANA (13-35 anos) (17-21 xullo)
  • CURSO DE INICIACIÓN Á ESCALADA (14-35 anos) (19,20 e 22 xullo)
  • OBRADOIRO DE CINE “A SEMANA MÁIS CURTA” (12-16 anos) 31 xullo-4 agosto
  • BAUTISMOS DE BUCEO (16-35 anos) (19 agosto)
  • INFORMÁTICA: PRESENTACIÓNS FOTOS E VÍDEOS (13-35 anos) (4-27 xullo)
  • INFORMÁTICA: INTERNET DENDE CERO (13-35 anos) (1-31 agosto)

Para consultar toda a información :
Concellaría de Xuventude
Casa Azul. R/Sor Lucia 2-3º
36002 Pontevedra
Teléfono: 986 840 367
http://xuventude.pontevedra.eu
facebook: http://es-es.facebook.com/xuventude.pontevedra/

xoves, 18 de maio de 2017

AVALIACIÓN FINAL DE 4º DA E.S.O

A avaliación final do cuarto curso da ESO terá unha finalidade diagnóstica, con vistas á mellora da calidade do sistema educativo, é dicir, non contará para a nota dos alumnos. 
Esta proba valorará o grao de competencia matemática, da competencia lingüística (castelán, galego e primeira lingua estranxeira) e da competencia social e cívica, tendo como referencia principal as materias xerais do bloque de materias troncais de 4º da ESO.
A aplicación destas probas realizarase os días 23 e 24 de maio de 2017, pero tan só nos centros asignados (ao redor duns 70 centros en toda Galicia).

xoves, 30 de marzo de 2017

A CIENCIA NO MEU MÓBIL, QUERO ESCOITAR PODCAST, QUERO ESCOITAR CIENCIA


 Si nos teus momentos libres, cando vas a durmir, cando espertas, cando vas no tren queres escoitar ciencia en boca de expertos. Entón aquí tes a solución, un directorio de Podcast de divulgación científica.









HUMOR: "TIRA COS VALADOS" - PÁRAMO PICTURES


Entre tanta información necesitamos algo de humor.
Desde o Páramo, provincia de Lugo, os autodenominados Páramo Pictures versionan a Enrique Iglesias unha vez máis. Nesta ocasión a canción "Súbeme la Radio" que eles fan chamar "Tira cos Valados"

xoves, 23 de marzo de 2017

``RUTAS CIENTÍFICAS, ARTISTICAS E LITERARIAS 2017´´



O Ministerio de Educación convoca o programa "Rutas Científicas, Artísticas e Literarias" para o ano 2017.
Aporta axudas para grupos de alumnos compostos cada un por un número comprendido entre 20 e 24 alumnos, respectando unha idade máxima de 20 anos. Irán acompañados por dous profesores dos que habitualmente lles imparten clase, aconsellando entre os mesmos a participación do seu titor.
                                                        Para máis información:


PROGRAMA INTENSIVO DE INMERSIÓN LINGÜÍSTCA EN INGLÉS


O Ministerio de Educación convoca diversas axudas para a participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España; cunha semana de duración ao longo do mes de xullo de 2017.
Para poder solicitar este proxecto débense cumprir diversos requisitos. Entre eles:
>Ter nacido entre o 1 de xaneiro de 1997 e o 31 de decembro de 2000.
>Ter totalmente aprobado o curso inmediato anterior, cunha nota final mínima de 7,50 puntos na asignatura de inglés.

                          

 Para máis información:

xoves, 12 de xaneiro de 2017

INTERRAIL 2017

InterRail é un pase que permite viaxar na maioría dos trens dentro dos 30 países participantes, con diferentes períodos de validez, e a calquera idade (estudantes, mochileiros, familias, etc).
A súa orixe remóntase a 1972, cando foi concibido como un billete de tren para que os mozos de ata 21 anos puidesen viaxar libremente durante un período de ata un mes polos países europeos. Tratábase dunha experiencia única que ampliaba as fronteiras ata chegar a 20 países europeos.
Actualmente pode ser adquirido por persoas con residencia permanente en Europa durante polo menos os seis meses previos á compra e, en España, pódese adquirir a 3 meses antes da data do primeiro día de validez.
Hai dúas variantes:
"Youth" destínanse a mozos que non teñan cumpridos 26 anos o primeiro día de validez do pase.
"Senior" destínanse a adultos con 60 anos cumpridos o primeiro día de validez do pase.
Existen dúas modalidades:
Interrail Global Pass, nas compañías participantes de todos os países membros de Interrail.
Interrail One Country Pass, no ámbito da compañía participante do único país indicado no pase.
O billete InterRail pode adquirirse na web de RENFE, así como máis información en Atención ao cliente, teléfono 902320320.
Prezos de interrail 2017: